Xustificación

Iste é o coarto libro que nasce das miñas lembranzas de Auria, pobo onde eu mesmo son nado. Os outros, son tres novelas: La catedral y el niño, A esmorgaLos miedos. Supoño que o presente ha de sere o derradeiro, pra que o tema non se me vaia trocando en teima.

Veleiquí os xogos perigosos da saudade. Pra nós, os emigrantes, pensar na terra —aparte algunhas abstraiciós que a prolongan inteleitualmente— é pensar na porción da nosa vida que nela socedeu; ou seña, pensala co corazón, revivila un pouco maxicamente, como decote pasa cando se pensa co sentimento.

Como obxeto literario (mellor sería decir poético) participa desa lenda da propia vida que vén a sere a infancia, «esa fadiña de albo porte», como dixo Noriega. De eí a toma de inaitualidade —de intemporalidade— que embaza os devanditos libros, i a que, aínda de imaxe tan realista, os rescata (penso eu) dunha realidad fuxía, comprobabel, documental. Isto non é aporlles un mérito sinón fixalos nunha descrición, que acada tamén ás páxinas que siguen.

Os presentes contos, son dunha Auria que xa non é, a soia que me sigue pertencendo. Pasan —o mesmo que os outros libros— nas dúas primeiras décadas do século, nas que eu convivín co meu pobo. Como ambente, son todos autobiográficos; como anéidota, ningún.

O artificio de relatar en primeira persoa, aparte de serme o máis doado, axústase ó insistente anceio de refacer unha realidade compartida, repartida, en tipos e vivencias que configuran a miña propia posibilidade vital: ise ser moitos de cada eisistencial mencer, que tan fortemente xurden no intre evocador, trunfantes do tempo, da distancia e da natural disconformidade en que consiste o chegar a ser un.

Do mesmo xeito que en A esmorga, válome das formas populares da fala, sagrificando outras predileiciós das que teño dado mostras, si cadra en demasía. Aínda non podemos darnos o luxo de esguellar certos pragmatismos. Entre iles, o de levar as nosas letras até o leitor do común. Sin un interés maioritario, os nosos intentos darán no eivamento e no académico, i a nosa fala chegaría a sere unha sorte de koiné requintada, pra ledicia e gabanza duns poucos.

Co isa intención pensei istes contos, como «contos prá xente». Ogallá resulte.

3 Responses to Xustificación

  1. Manuel on 22 de Abril de 2015 at 15:08 says:

    Quiero leer el libro

    • Manuel on 22 de Abril de 2015 at 15:09 says:

      XUSTIFICACIÓN

      Next
      Iste é o coarto libro que nasce das miñas lembranzas de Auria, pobo onde eu mesmo son nado. Os outros, son tres novelas: La catedral y el niño, A esmorga e Los miedos. Supoño que o presente ha de sere o derradeiro, pra que o tema non se me vaia trocando en teima.

      Veleiquí os xogos perigosos da saudade. Pra nós, os emigrantes, pensar na terra —aparte algunhas abstraiciós que a prolongan inteleitualmente— é pensar na porción da nosa vida que nela socedeu; ou seña, pensala co corazón, revivila un pouco maxicamente, como decote pasa cando se pensa co sentimento.

      Como obxeto literario (mellor sería decir poético) participa desa lenda da propia vida que vén a sere a infancia, «esa fadiña de albo porte», como dixo Noriega. De eí a toma de inaitualidade —de intemporalidade— que embaza os devanditos libros, i a que, aínda de imaxe tan realista, os rescata (penso eu) dunha realidad fuxía, comprobabel, documental. Isto non é aporlles un mérito sinón fixalos nunha descrición, que acada tamén ás páxinas que siguen.

      Os presentes contos, son dunha Auria que xa non é, a soia que me sigue pertencendo. Pasan —o mesmo que os outros libros— nas dúas primeiras décadas do século, nas que eu convivín co meu pobo. Como ambente, son todos autobiográficos; como anéidota, ningún.

      O artificio de relatar en primeira persoa, aparte de serme o máis doado, axústase ó insistente anceio de refacer unha realidade compartida, repartida, en tipos e vivencias que configuran a miña propia posibilidade vital: ise ser moitos de cada eisistencial mencer, que tan fortemente xurden no intre evocador, trunfantes do tempo, da distancia e da natural disconformidade en que consiste o chegar a ser un.

      Do mesmo xeito que en A esmorga, válome das formas populares da fala, sagrificando outras predileiciós das que teño dado mostras, si cadra en demasía. Aínda non podemos darnos o luxo de esguellar certos pragmatismos. Entre iles, o de levar as nosas letras até o leitor do común. Sin un interés maioritario, os nosos intentos darán no eivamento e no académico, i a nosa fala chegaría a sere unha sorte de koiné requintada, pra ledicia e gabanza duns poucos.

      Co isa intención pensei istes contos, como «contos prá xente». Ogallá resulte.

    • petapouca on 22 de Abril de 2015 at 19:41 says:

      Poderás atopar Os biosbardos, entre outros libros, no seguinte enderezo: http://retallaria.tumblr.com

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *