Os biosbardos

Eduardo Blanco Amor

Obra publicada no 1962, escrita coma "contos para a xente". Trátase dun conxunto de sete relatos breves que presentan como trazos comúns: a narración en primeira persoa, a protagonización infantil ou adolescente, a ambientación urbana e ourensá, na que se desenvolven os acontecementos e o tempo histórico ao que se refiren (as dúas primeiras décadas do século XX).

book-cover

Book Description

Cada un dos contos perfila experiencias diversas, intensas e dramáticas do mundo infantil, que o autor literaturiza maxistralmente, rescatando para o soño instantes fuxidíos do pasado. O feito de que cada relato estea posto en boca dun narrador-neno distinto constitúe un acerto para mostrar de forma máis verosímil e universal diversas vivencias, que constitúen a esencia da infancia rescatada pola memoria: a autoafirmación, a incomprensión, a irrupción do marabilloso, a transgresión das normas dos adultos, a descuberta do sexo… etc.